Legislación »
Corrección (errores O Erratas)
Numero de Referencia :
2008/07309
Fecha : 25/04/2008
Documentos Relacionados :
  
|
|
Suplemento núm. 6 Xoves 1 maio 2008 645 2.º O transcurso de trinta días desde a entrada en pleno funcionamento da planta desalgadora da Área Metropolitana de Barcelona.
Dado en Madrid o 21 de abril de 2008.
JUAN CARLOS R.
O presidente do Goberno, JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO 7309 CORRECCIÓN de erro da Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
(«BOE» 100, do 25-4-2008.) Advertido erro na Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, publicada no «Boletín Oficial del Estado», suplemento en lingua galega núm. 11, do 1 de agosto de 2006, procédese a efectuar a oportuna rectificación: Na páxina 1644, na «Disposición adicional décimo segunda. Da revisión dos medicamentos suxeitos a prescrición.», onde di: «Para facilitar o labor dos profesionais sanitarios que, de acordo con esta lei, non poden prescribir medicamentos, no prazo dun ano o Ministerio de Sanidade e Consumo establecerá a relación de medicamentos que poidan ser usados ou, de ser o caso, autorizados para estes profesionais, así como as condicións específicas en que os poidan utilizar e os mecanismos de participación cos médicos en programas de seguimento de determinados tratamentos»; debe dicir: «Para facilitar o labor dos profesionais sanitarios que, de acordo con esta lei, non poden prescribir medicamentos, no prazo dun ano o Ministerio de Sanidade e Consumo revisará a clasificación dos medicamentos de uso humano que deben dispensarse con ou sen receita médica.» MINISTERIO DE EDUCACIÓN, POLÍTICA SOCIAL E DEPORTE 7513 REAL DECRETO 675/2008, do 28 de abril, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte para o curso 2008-2009. («BOE» 103, do 29-4-2008.) O Real decreto 1721/2007, do 21 de decembro, establece o novo réxime das bolsas e axudas ao estudo personalizadas, modificando o anteriormente vixente de xestión centralizada e regulando, con carácter básico, os parámetros precisos para asegurar a igualdade no acceso ás citadas bolsas e axudas ao estudo sen detrimento das competencias normativas e de execución das comunidades autónomas. Así, establece as normas xerais aplicables tanto ás bolsas territorializadas como a aquelas cuxa xestión lle corresponde ao Estado, os requisitos económicos e académicos para ser beneficiario e os principios e condicións de revogación e reintegro e incompatibilidade das bolsas e axudas estatais.
Non obstante, debido ao seu carácter cuantitativo, algúns dos referidos parámetros básicos deben ser obxecto de actualización periódica co fin de que non resulten desvalorizados polo transcurso do tempo e se adapten ao importante crecemento desta partida orzamentaria. Para estes efectos, a disposición adicional primeira encomenda ao Goberno a determinación destes parámetros variables para cada curso académico, mediante un real decreto que se aprobará,... »
|
|
|
|